Empanada Fest · Venres

Esmorga
Folk

O festival de música tradicional galega que reúne cada ano ás mellores agrupacións folk do país e do mundo, dende 1989.

CandoVenres 21 de agosto OndeCarballeira da Pomba EdiciónL
Cartaz do Esmorga Folk
1989Ano de orixe
LEdición 2026
VenresXornada da festa
7Grupos este ano
Dende 1989

Unha historia de folk

Máis de tres décadas achegando a mellor música tradicional galega e internacional a Bandeira.

1989

Nace o Esmorga Folk

O festival nace froito do esforzo dun grupo de mozos e mozas da vila de Bandeira, amantes da música tradicional, que vían como esta se deterioraba co paso do tempo. Consolidouse grazas ao empeño da organización de xuntar, ano tras ano, grupos de gran renome do panorama musical do momento, chegados de todo o mundo.

Anos 90-2000

Grandes nomes do folk

Por Bandeira pasaron agrupacións como Koun (Bretaña) ou Luar na Lubre, un dos grupos máis importantes do panorama folk de todos os tempos, así como Leilía, Mercedes Peón, Carlos Núñez ou Kepa Junquera, e grupos internacionais como Vladimir y Serguev ou Dhais.

No 2000, o Esmorga achégase a Asturias, actuando Tejedor xunto a Rumbadeira e Son de Pan, entre outros.

Novo século

Plataforma de novos talentos

Participaron no Esmorga grupos como Susana Seivane, Ruote, Pepe Vaamonde, Matraca Perversa, Tres Pesos, Os Melidaos, Treixadura, Fiandola, Quempallou, Tiruleque, A Roda ou Tanxugueiras.

O festival apostou en todas as súas edicións por grupos que estaban a comezar a súa carreira, converténdose nunha importante plataforma de impulso. É o caso de Leilía ou Tanxugueiras, que naceron neste evento musical e ao que posteriormente acudiron en diversas ocasións.

Actualidade

Unha cita ineludible

Na actualidade, o Esmorga Folk está encadrado no venres da Festa da Empanada, xornada que conta ademais con actuacións de baile e música tradicional galega, xogos tradicionais e outras actividades. É un dos festivais folk máis importantes da nosa terra.

Liñaxe

Por aquí pasaron

Algúns dos nomes que fixeron historia sobre o escenario do Esmorga Folk.

Leilía Tanxugueiras Luar na Lubre Koun Mercedes Peón Carlos Núñez Kepa Junquera Susana Seivane A Roda Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Treixadura Quempallou Fiandola Vladimir y Serguev Dhais Tejedor

Festival solidario

Leva alimentos non perecedoiros ao festival e entrégaos á organización. Deste xeito, colaboras co Banco de Alimentos de Servizos Sociais do Concello de Silleda e axudas de forma directa a decenas de familias en risco de exclusión social.

Localización

Carballeira da Festa da Empanada, Bandeira (Silleda).

Colaboran

Ven a Bandeira o penúltimo sábado de agosto

Reserva a data: 22 de agosto de 2026

Canle de WhatsApp