Medio século de tradición

Dun carro de vacas cargado de empanadas a un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia. Esta é a historia da Festa da Empanada da Bandeira.

Carteis da festa (1976–2025)

Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Cartel histórico da Festa da Empanada
Camilo José Cela na Festa da Empanada

Unha merenda entre amigos

A Festa da Empanada da Bandeira nace no ano 1974, cando un grupo de amigos e amigas decide levar unhas empanadas a unha fermosa carballeira da vila para gozar dunha tarde ao son da música tradicional galega.

Esta humilde merenda, que reuniu a unha decena de familias, foi o xermolo dun dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia.

Empanada presentada ao concurso

O primeiro concurso

A idea gustou moito entre a veciñanza da Bandeira e, ao ano seguinte, decidiuse realizar a I Festa da Empanada cun pequeno concurso para elixir a mellor empanada entre as creacións que elaboraban as familias, expostas nun tradicional carro de vacas de madeira.

Declaración de Interese Turístico Galego

Recoñecemento turístico

O éxito da segunda edición, que comezou a atraer xente dos arredores da Bandeira, provocou que a festa tivera que buscar unha carballeira moito máis ampla. A partir de aquí, a evolución foi imparable ata congregar cada penúltimo sábado de agosto a milleiros de persoas chegadas de toda Galicia.

Será no ano 1999 cando a Asociación Amigos da Empanada logre o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, conformándose como un evento gastronómico ineludible do verán galego.

Lucía Freitas na Festa da Empanada

Camiño ao Interese Turístico Nacional

Na actualidade, a Festa da Empanada é referente das celebracións gastronómicas de Galicia, fusionando a degustación do produto estrela coas manifestacións culturais da nosa identidade como a artesanía, a música ou os xogos e a tradición oral.

Dende o ano 2018, a festa é firme candidata a lograr o título de evento de Interese Turístico Nacional, logrando apoios de persoeiros como Alfonso Rueda, Mariano Rajoy, Cristina Castaño, Roi Méndez, Luis Cepeda ou Pepe Domingo Castaño. Cociñeiros con estrela Michelín como Martín Berasategui, Pepe Solla ou Lucía Freitas tamén apoian esta candidatura.

Tal é a magnitude da festa que, no ano 2023, estreou o seu propio himno, composto polo artista Sergio Rodríguez.

Colaboran

Ven a Bandeira o penúltimo sábado de agosto

Reserva a data: 22 de agosto de 2026

Canle de WhatsApp