Empanada Fest · Xoves

Bandei
rock

O festival de rock que dende 1998 achega grupos de referencia e talento local ao xoves da Festa da Empanada.

CandoXoves 20 de agosto OndeCarballeira da Pomba EdiciónL
Cartaz do Bandeirock
1998Ano de orixe
LEdición 2026
XovesXornada da festa
7Grupos este ano
Dende 1998

Unha historia de rock

De pequeno encontro entre amigos a festival de referencia do rock galego.

1998

Nace o Bandeirock

A andaina do Festival Bandeirock comeza cando un grupo de amigos e amigas decide darlle un pouco de rock ás festas de verán da vila da Bandeira. O que comezou sendo un pequeno encontro de amantes do rock foi evolucionando co paso do tempo ata converterse nun festival de referencia no noso país.

Empanada Fest

Baixo un mesmo paraugas

Dende hai anos, a Asociación Amigos da Empanada encárgase da súa organización baixo a denominación Empanada Fest, que comparte co seu curmán o Esmorga Folk. O Bandeirock ten lugar o xoves da Festa da Empanada, xornada na que a veciñanza pode gozar doutras actividades culturais e gastronómicas.

Grupos de renome

Referentes sobre o escenario

O Festival Bandeirock reuniu a grupos de relevancia nas súas diversas edicións, entre os que podemos destacar a Che Sudaka, NAO, Calle del Ruido, Mojo Experience, Os John Deeres, Salavelatoria ou The Ron Jeremy Band, entre outros.

Talento local

O corazón do festival

Na esencia deste festival atopamos o apoio a grupos de música locais que precisan dunha maior visibilidade para ocupar un espazo na industria musical: Skarmento, Som do Galpom, Tiro na Testa, Froján, Semos Peligrosos ou Cambotes medraron baixo a festa rock da Bandeira.

Pero, sen dúbida, o grupo por excelencia do Bandeirock é Kona Ke Te Fixo, banda que iniciou o festival e simboliza a súa esencia.

Liñaxe

Por aquí pasaron

Algúns dos nomes que fixeron historia sobre o escenario do Bandeirock.

Kona Ke Te Fixo Herdeiros da Crus Che Sudaka NAO Calle del Ruido Mojo Experience Os John Deeres Salavelatoria The Ron Jeremy Band Skarmento Som do Galpom Tiro na Testa Froján Semos Peligrosos Cambotes Rebeliom do Inframundo Arrhytmia Loita Amada Javi Maneiro Marela Storrentos

Festival solidario

Leva alimentos non perecedoiros ao festival e entrégaos á organización. Deste xeito, colaboras co Banco de Alimentos de Servizos Sociais do Concello de Silleda e axudas de forma directa a decenas de familias en risco de exclusión social.

Localización

Carballeira da Festa da Empanada, Bandeira (Silleda).

Colaboran

Ven a Bandeira o penúltimo sábado de agosto

Reserva a data: 22 de agosto de 2026

Canle de WhatsApp