Empanada gigante polo 25 aniversario

A nosa historia

Un carro de vacas cheo de empanadas e viño, unha carballeira ateigada de veciños e música tradicional galega. Así comeza a nosa historia.

VER MÁIS

Empanada gigante polo 25 aniversario

O concurso

A Bandeira elixe as mellores empanadas entre as decenas de elaboracións que se presentan a un dos concursos máis importantes do mundo.

VER MÁIS

Fervenza do Toxa

Visita A Bandeira

No corazón rural de Galicia, en pleno Camiño de Santiago, A Bandeira agocha un entorno único cheo de tesouros naturais, culturais e artísticos.

VER MÁIS

Empanada gigante polo 25 aniversario

Galería de fotos

As mellores imaxes da Festa da Empanada e dos eventos organizados pola Asociación Amigos da Empanada.

VER MÁIS

FESTA DA EMPANADA

A Festa da Empanada da Bandeira é o evento gastronómico e cultural máis importante do verán en Galicia, reunindo en cada edición a máis 30.000 persoas.

Esta festa celébrase o penúltimo fin de semana de agosto na vila de A Bandeira (Silleda, Pontevedra) e conta cunha completa programación gastronómica e cultural totalmente gratuíta e para todos os públicos.

En pleno centro rural de Galicia e a vinte minutos de Santiago de Compostela, a enorme oferta de establecementos hostaleiros da zona permiten a todas as persoas visitantes gozar dun entorno único repleto de atractivos turísticos naturais, culturais, arquitectónicos e artísticos. Festa da Empanada, non che digo nada!

FESTA DA EMPANADA EN 3 MINUTOS