Comida e cea de peñas

O sábado, despois do concurso e o pregón, a carballeira énchese con 10.000 persoas nunha gran comida e cea de peñas: grupos de familias ou amizades que se xuntan para gozar dunha xornada de troula.

Festa na carballeira

Unha xornada de troula

As peñas levan empanadas, bebidas e outros produtos da gastronomía galega para compartir mesa nunha das citas máis multitudinarias do verán.

A comida de peñas comeza ás 15:00 horas e está amenizada por grupos musicais que prenden a festa antes de dar paso ás orquestras, que adoitan comezar a media tarde.

Cea de peñas

A gran cea

Pola noite, ás 22:00 horas, as peñas volven xuntarse na carballeira para a gran cea, que funciona como antesala á gran verbena. A música nesta xornada nunca se detén.

Reserva de mesas

Se queres comer e/ou cear na Festa da Empanada, debes reservar a túa mesa con anterioridade. A Asociación abre o período de reserva do 5 ao 18 de agosto. Cada mesa ten capacidade para 10 persoas.

A Festa da Empanada só facilita as mesas; as peñas levan a comida, bebida, mantel, cubertos e demais necesidades.

Socios/as · primeiras 2 mesas

20 €

Prezo por mesa, independentemente de se é para comer, cear ou ambas.

Socios/as · a partir da 3ª mesa

25 €

Prezo por mesa adicional para persoas asociadas.

Non socios/as

35 €

Prezo por mesa para persoas non asociadas.

Reservas (WhatsApp) +34 621 08 71 17
Polbería na Festa da Empanada

Venda de empanadas e polbería oficial

A festa conta cun punto de venda de empanadas para quen o precise, e con polbería oficial para quen non desexe alquilar mesa pero queira comer ou cear na Festa da Empanada.

Na actualidade, a polbería oficial é Polbería Porta de A Estrada (659 908 745).

Normas da carballeira

Colaboran

Ven a Bandeira o penúltimo sábado de agosto

Reserva a data: 22 de agosto de 2026

Canle de WhatsApp