HISTORIA

Camilo Jose Cela na Festa da Empanada

Camilo Jose Cela na Festa da Empanada

A Festa da Empanada da Bandeira nace no ano 1974, cando un grupo de amigos e amigas deciden levar unhas empanadas a unha fermosa carballeira da vila para gozar dunha amigable tarde ao son da música tradicional galega. Esta humilde merenda, que reuniu a unha decena de familias, foi o xermolo dun dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia.

Carteis (1976-2023):

Foto Noticia

Foto Noticia

Foto Noticia

A idea gustou moito entre a veciñanza da Bandeira e ao ano seguinte decidiuse realizar a I Festa da Empanada cun pequeno concurso para elixir a mellor empanada entre as diferentes creacións que elaboraban as familias e que eran expostas nun tradicional carro de vacas de madeira.

Empanada presentada ao concurso por unha familia da Bandeira

Empanada presentada ao concurso.

O éxito da segunda edición, que comezou a atraer xente dos arredores da Bandeira provocou que a Festa da Empanada tivera que buscar unha carballeira moito máis ampla. A partir de aquí, a evolución deste evento foi imparable ata congregar cada terceiro sábado de agosto a miles de persoas chegadas dende todos os puntos da xeografía.

Será no ano 1999 cando a Asociación Amigos da Empanada logre o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego,conformándose como un evento gastronómico ineludible do verán galego.

Declaración de Festa de Interese Turístico Galego (1999)

Declaración de Festa de Interese Turístico Galego

Na actualidade, a Festa da Empanada congrega a máis de 20.000 persoas nos cinco días de celebración que teñen lugar durante a terceira semana de agosto. Gastronomía e cultura únense para ofrecer unha completa e variada programación a todas as persoas que deciden encher a pequena vila rural da Bandeira.

Dende o ano 2018, a Festa da Empanada da Bandeira é firme candidata a lograr o título de evento de Interese Turístico Nacional, logrando apoios de persoeiros como Martín Berasategui, Pepe Rodríguez, Alfonso Rueda, Mariano Rajoy, Cristina Castaño, Roi Méndez, Xurxo Carreño, Luis Cepeda, Pepe Domingo Castaño e outras celebridades etc.

Público asistente á Festa da Empanada (2019)

Público asistente á Festa da Empanada (2019).

Tal é a magnitude da Festa da Empanada, que no ano 2023 estreou o seu propio himno, composto polo artista Sergio Rodríguez.