CONCURSO DE EMPANADAS

Empanadas presentadas ao concurso
Dende 1975, A Bandeira elixe a mellor empanada do país entre as decenas de creacións que se presentan cada ano a un dos concursos gastronómicos máis antigos e de maior prestixio de Galicia.
Na actualidade, existen tres categorías:
- Profesionais, conformada por empanadas presentadas por panaderías e restaurantes.
- Amateur,que conta con empanadas presentadas por particulares amantes da cociña.
- Crianzas, pensada para a rapazada de entre 6 e 12 anos.

Rapaza elaborando unha empanada do concurso
É importante sinalar que NON é necesaria a inscrición previa das empanadas senón que estas serán entregadas á organización na propia xornada da Festa da Empanada (sábado), en horario de 11:30 a 13:00 horas.
Todas as empanadas presentadas son puntuadas por un xurado composto por profesionais do mundo da gastronomía, quen deben valorar en primeiro lugar a presentación e, posteriormente o sabor a través dunha cata.
Tras o veredicto do xurado profesional, procédese á entrega dos prestixiosos premios da Festa da Empanada:
Categoría profesionais, amateur, crianzas (por categoria):
- Mellor empanada do país
- Segunda mellor empanada do país
- Terceira mellor empanada do país
Categoría profesionais e amateur:
- Empanada coa mellor masa do país
- Empanada máis tradicional do país
- Empanada máis orixinal do país

Empanadas presentadas ao concurso
A continuación, as empanadas gañadoras pasan a subastarse entre o público asistente, chegando a alcanzarse os 2.400€ por unha empanada. A recadación destínase a fins culturais e sen ánimo de lucro.

Profesionais degustando as empanadas

Lola Sangiao recollendo o galardón

Subasta dunha empanada gañadora.