QUEN SOMOS?

Asociacion do ano 2023

Asociación Amigos da Empanada

Juan Salgueiro na subasta da Festa da Empanada.

Juan Salgueiro na subasta da Festa da Empanada.

O 23 de febreiro do 1996 nacía na Bandeira a Asociación Cultural Amigos da Empanada. Esta entidade sen ánimo de lucro foi impulsada por Juan Salgueiro Montouto co propósito de agrupar a todas aquelas persoas que dende o ano 1974 contribuíron a potenciar a cita gastronómica por excelencia do concello de Silleda. Deste xeito, sería moito máis doado organizar un evento que daquelas xa tiña unhas dimensións sen precedentes na contorna.s

Entre os fins de Asociación Cultural Amigos da Empanada, destacan os seguintes:

Actuación musical nun establecemento da Bandeira

Actuación musical nun bar de Bandeira

Para cumprir os devanditos obxectivos, Amigos da Empanada despregra unha completa programación cultural e gastronómica ao longo de todo o ano e durante os cinco días da Festa da Empanada. Entre as diversas actividades, destacan as rutas gastronómicas e musicais da empanada e da empanadilla, o entroido de verán, eventos deportivos e infantís, a tradicional celebración do San Cristovo, a xuntanza da vila, concertos culturais e un longo etcétera.

Concerto cultural na Bandeira

Concerto cultural na Bandeira

Conferencia organizada por Amigos da Empanada

Conferencia organizada por Amigos da Empanada

A organización de Amigos da Empanada traballa ademais na creación dunha rede rural de sinerxías entre as entidades e os diversos axentes sociais, creando ciclos de conferencias e eventos educativos. Un dos nosos piares é a formación e a dignificación do oficio do panadeiro mediante a colaboración con panaderías e centros de formación, tratando así de mudar a visión da sociedade e transmitir ás novas xeracións a importancia da defensa da nosa cultura e gastronomía.

Presidentes/as de Honra:

Socios/as de Honra