BANDEIROCK
22 AGOSTO
LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Horario próximamente
FESTIVAL SOLIDARIO
![Comida doada](../../img/festis/rock/comida.jpg)
Comida doada polo público
Leva alimentos non perecedoiros ao festival e entrégaos á organización. Deste xeito, colaboras co Banco de Alimentos de Servizos Sociais do Concello de Silleda e axudas de forma directa a decenas de familias en risco de exclusión social.
HISTORIA DO FESTIVAL
![Boyanka Kostova no Bandeirock](../../img/festis/rock/boyanka.jpg)
Boyanka Kostova no Bandeirock
A andaina do Festival Bandeirock comeza no ano 1998, cando un grupo de amigos e amigas deciden darlle un pouco de rock ás festas de verán da vila da Bandeira. O que comezou sendo un pequeno encontro de amantes de rock foi evolucionando co paso do tempo ata converterse nun festival de referencia no noso país.
Dende hai anos, a Asociación Amigos da Empanada encárgase da súa organización baixo a denominación Festivais da Empanada, que comparte co seu curmán o Esmorga Folk. O Bandeirock ten lugar o xoves da Festa da Empanada, xornada na que a veciñanza pode gozar doutras actividades culturais e gastronómicas.
GRUPOS DE RENOME
![Público asistente ao Festival Bandeirock](../../img/festis/rock/publico.jpg)
Público asistente ao Festival Bandeirock
O Festival Bandeirock reuniu a grupos de relevancia nas súas diversas edicións, entre os que podemos destacar a Che Sudaka, NAO, Calle del Ruido, Mojo Experience, Os John Deeres, Salavelatoria, The Ron Jeremy Band…
GRUPOS LOCAIS
![Kona Ke Te Fixo no Bandeirock](../../img/festis/rock/kona.jpg)
Kona Ke Te Fixo no Bandeirock
![NAO no Festival Bandeirock](../../img/festis/rock/nao.jpg)
NAO no Festival Bandeirock
Na esencia deste festival atopamos o apoio a grupos de música locais, que precisan dunha maior visibilidade para lograr ocupar un espazo na industria musical. É o caso de Skarmento, Som do Galpom, Tiro na Testa, Froján, Semos Peligrosos, Cambotes... Que medraron baixo a festa rock da Bandeira. Pero sen dúbida, o grupo por excelencia do Bandeirock é Kona Ke Te Fixo, banda que iniciou o festival e simboliza a esencia do mesmo.