ACTIVIDADES
![Lola Facendo unha empanada](../../img/asociacion/actividades/lola.jpg)
Lola Sangiao facendo unha empanada
A Asociación Cultural Amigos da Empanada desenvolve ao longo do ano múltiples actividades co obxectivo de dinamizar a vila da Bandeira a través da cultura e a gastronomía. A continuación, amosamos os principais eventos:
O RECUNCAR DA BANDEIRA
![Sesión vermú do Recuncar](../../img/asociacion/actividades/recuncar.jpg)
Sesión vermú do Recuncar
![Comida da veciñanza no Recuncar](../../img/asociacion/actividades/recuncarComida.jpg)
Comida da veciñanza no Recuncar
A vila da Bandeira sempre destacou pola súa actividade cultural e social. O Recuncar nace no ano 2022 co obxectivo de reunir a toda a veciñanza durante toda unha xornada festiva. Comida e bebida a cachón mestúranse en perfecta harmonía coa troula en forma de karaoke, xogos tradicionais, pregón e música ata altas horas no corazón do pobo.
SAN CRISTOVO
![Camion durante a procesion](../../img/asociacion/actividades/camion1.jpg)
Camións durante a procesión
![Actuación de Xirandola no San Cristovo](../../img/asociacion/actividades/xirandola.jpg)
Actuación de Xirandola no San Cristovo
O San Cristovo é unha das tradicións máis lonxevas da Bandeira. A concorrida procesión e bendición de camións e outros vehículos culmina cunha gran mexillonada gratuíta ao son da música. A tradición de Xirandola e diferentes grupos musicais completan unha xornada que rende homenaxe aos profesionais do mundo do transporte.
ENTROIDO DE VERAN
![Público bailando no Entroido de Verán](../../img/asociacion/actividades/fiesta.jpg)
Público bailando no Entroido de Verán
![](../../img/asociacion/actividades/entroido.jpg)
Photocall no Entroido de Verán
A Bandeira demostra dende o ano 2017 que o entroido tamén se pode festexar en pleno mes de xullo.Numerosas horas de música e actividades para todos os públicos amenizan unha nova tradición festiva onde non existen restricións á hora de elixir disfraz.
DÍA MUNDIAL DA EMPANADA
![Estrea do cartel da Festa da Empanada](../../img/asociacion/actividades/acto.jpg)
Estrea do cartel da Festa da Empanada
![Ruta da Empanada](../../img/asociacion/actividades/atly.jpg)
Ruta da Empanada
O 8 de abril celébrase en todo o planeta o Día Mundial da Empanada. Como non podía ser doutro xeito, A Bandeira, a capital gastronómica deste produto, festexa a xornada cunha gran Gala da Empanada na que ademais de cociñar unha empanada en directo, tamén se nomean aos Valedores e Valedoras que deberán defender a cita gastronómica e a empanada galega. Esta gala, que conta coa participación de numerosas asociacións da vila, é complementada cunha ruta da empanada por todos os bares da vila.
BINGO EMPANADA
![Asistentes ao Bingo Empanada.](../../img/asociacion/actividades/bingo.jpg)
Asistentes ao Bingo Empanada.
![Premios do Bingo Empanada](../../img/asociacion/actividades/bingoPremios.jpg)
Premios do Bingo Empanada
Amigos da Empanada organiza ao longo de todo o ano divertidos bingos que reúnen a decenas de veciños e veciñas da contorna co obxectivo de facerse cos numerosos premios doados polo comercio local. Estes bingos teñen lugar no Centro Social da Bandeira (Parchís).